Sunday 19 de May de 2024

Cortes no subministro de auga o vindeiro mércores en varias rúas da cidade


O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou dun novo corte no subministro de auga que levará a cabo a empresa Cosma o vindeiro mércores, día 2, entre as 9.00 e as 14.00 horas en varias rúas da cidade. A medida responde á necesidade de reparar unha avaría detectada na zona.

O edil indicou que se verán afectadas polos cortes no subministro a estrada de Castela –do número 1 ao 11-13-, e as rúas Mestre Mateo, Ponte das Cabras, Illas Sisargas, Illa Tambo, Illa da Toxa, Illa Cortegada, Illas Cíes, Illa de Ons e Illa Sálvora.